Teléfono 988 45 40 02 - Praza do Toural Nº1 - Sarreaus (Ourense), 32631 - administracion@concellosarreaus.com
Concello de Sarreaus
Novas de:
Últimas novas
Asociación

Quen Somos?
A Asociación de Mulleres Rurais nace no ano 2000, co fin de promover a participación da muller en todos os eidos da vida rural.
O obxectivo primordial é potenciar a participación cidadá e dar resposta a todas as inquedanzas, problemáticas e demandadas, tanto do seu colectivo como da poboación en xeral, e dinamizar a vida do seu concello.
Na actualidade somos un total de 114 socias, representadas pola seguinta Xunta Directiva:
- Presidenta: Joaquina Gómez
- Vicepresidenta: Alfonsa Justo
- Secretaria: Rosa Gómez
- Tesoureria: Dolores Alvar
- Vogais: Teresa Fernández, María Seguín, Elia Pérez e Josefa Rodríguez.

Que pretendemos?
- Promover o asociacionismo.
- Potenciar a participación das mulleres na vida política económica, social e laboral.
- Sensibilizar e informar dos dereitos da muller.
- Informar sobre axudas, documentos, requisitos… para mulleres emprendedoras.
- Loita pola igualdade real e efectiva da muller.
- Ofrecer alternativas de ocio saudables.
- Ocupar o tempo de lecer con fins lúdicos e educativos.
- Promover a interculturalidade, así como a convivencia interxeracional.

Que facemos?
- Charlas sobre reciclaxe.
- Xornada sobre saúde e nutrición.
- Curso de pintura.
- Ximnasia de mantemento para a terceira idade.
- Potenciación da memoria.
- Curso de cociña.
- Curso de conservas.
- Arte floral
- Recuperación de arte tradicional: cestería.
- Saídas culturais: A Fátima, Os Milagres, Parque Natural de Cabárcenos…
- Obradoiro do Entroido.
- Xornada sobre a violencia de Xénero.
- Dinámicas de grupo.
Concentración:
Antigo forno de Sarreaus.
Horario
Horas: 9 a 15 horas
Días: de lúns a venres