Teléfono 988 45 40 02 - Praza do Toural Nº1 - Sarreaus (Ourense), 32631 - administracion@concellosarreaus.com
Concello de Sarreaus
Novas de:
Últimas novas
PLAN DE REHABILITACIÓN DE CAMIÑOS DE ZONAS DE CONCENTRACIÓN OU RESTRUTURACIÓN PARCELARIA 2023-2024
Subvención concedida o a este Concello para a mellora de camiños municipais de Zonas de Concentración parcelaria o abeiro da ORDE do 11 de decembro de 2023 pola que se regula o Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria...
ler máisSubvención AGADER: PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS 2023-2024 (MR701E)
SUBVENCIÓN INFRAESTRUCTURAS TURISTICAS
Subvención para a colocación de sinalización turística no Concello de Sarreaus, concedida pola CONSELLERIA DE CULTURA E TURISMO DE GALICIA. Turismo de Galicia o abeiro da Resolción do 26 de decembro de 2018. Sinalización con totems de benvida nas estradas de entrada o...
ler máisDatos do concello
O concello de Sarreaus está formado por nove parroquias que comprenden 77,2 quilómetros cadrados. Forma parte da comarca da Limia que está situada no centro-sur da provincia de Ourense. Polo norte linda co municipio de Vilar de Barrio, ao sur cos concellos de Trasmiras e Xinzo de Limia, polo leste cos de Cualedro e Laza e ao oeste co de Xunqueira de Ambía.
A superficie máis montañosa áchase na parte norte, onde se sitúa a Serra de San Mamede. As terras do centro e do sur están marcadas pola depresión limiá, dando lugar a terras máis chás e a fermosos vales.
A rede fluvial do concello está formada polo río máis importante da comarca: o río Limia. Nado nunha das parroquias deste municipio, Paradiña, máis concretamente no monte de Talariño, suca as terras do concello de nordeste a suroeste. O resto dos regueiros do concello, como son o de Valdelobos, Padroso, Sas, Freixo, Lodoselo e o da Veiga, as súas augas desembocan neste río.
Son abundantes as choivas, concentrándose maiormente nos dous primeiros meses do ano e chegando a acadar un volume de 1126 mm.. No mes de agosto rexístranse as temperaturas máis elevadas e en xaneiro as máis baixas. A media anual é de 10,8º .
Horario
Horas: 9 a 15 horas
Días: de lúns a venres