Teléfono 988 45 40 02 - Praza do Toural Nº1 - Sarreaus (Ourense), 32631 - administracion@concellosarreaus.com

Concello de Sarreaus
Novas de:
Últimas novas
ORDENANZA E ANEXO SOLICITUDE: CORTA E SACA DE MADEIRA (SÓ MADEIRISTAS)
ORDENANZA E ANEXO SOLICITUDE: CORTA E SACA DE MADEIRA (SÓ MADEIRISTAS) Ordenanza BOP Ourense número 136, Xoves, 17 de xullo de 2025 MODELO (editable) COMUNICACIÓN PREVIA DE CORTA E SACA DE MADEIRA...
ler máisActa reclamación o 1º exercicio da Oferta de emprego oposición libre TRABALLADOR/A SOCIAL.
Para visualizar a Acta prema sobre o texto azul: Acta reclamacion Sarreaus Carmen Gude Ferreiro
ler máisLista admitidos e nomeamento tribunal proceso oposición ADMINISTRATIVO/A
Pulse no texto azul para descargar o decreto co seguinte contido: – Lista de Admitidos e composición do Tribunal. Resolución Alcaldia Admitidos e nomeamento Tribunal praza Administrativ@...
ler máisDatos do concello
O concello de Sarreaus está formado por nove parroquias que comprenden 77,2 quilómetros cadrados. Forma parte da comarca da Limia que está situada no centro-sur da provincia de Ourense. Polo norte linda co municipio de Vilar de Barrio, ao sur cos concellos de Trasmiras e Xinzo de Limia, polo leste cos de Cualedro e Laza e ao oeste co de Xunqueira de Ambía.
A superficie máis montañosa áchase na parte norte, onde se sitúa a Serra de San Mamede. As terras do centro e do sur están marcadas pola depresión limiá, dando lugar a terras máis chás e a fermosos vales.
A rede fluvial do concello está formada polo río máis importante da comarca: o río Limia. Nado nunha das parroquias deste municipio, Paradiña, máis concretamente no monte de Talariño, suca as terras do concello de nordeste a suroeste. O resto dos regueiros do concello, como son o de Valdelobos, Padroso, Sas, Freixo, Lodoselo e o da Veiga, as súas augas desembocan neste río.
Son abundantes as choivas, concentrándose maiormente nos dous primeiros meses do ano e chegando a acadar un volume de 1126 mm.. No mes de agosto rexístranse as temperaturas máis elevadas e en xaneiro as máis baixas. A media anual é de 10,8º .
Horario
Horas: 9 a 15 horas
Días: de lúns a venres


