Teléfono 988 45 40 02 - Praza do Toural Nº1 - Sarreaus (Ourense), 32631 - administracion@concellosarreaus.com

Concello de Sarreaus

Servizos sociais

¿Que son os servizos sociais municipais?

Os Servicios Sociais municipais son o sistema de protección social máis preto de nós e do noso ambiente familiar e social, que desenvolve programas e presta axudas favorecedoras da participación, integración e benestar social das persoas ou grupos dentro do seu contorno comunitario, especialmente daqueles que están ou corren o risco de estar en situación de carencia ou marxinación.

 

Servizos sociais do concello de sarreaus

O servizo social de atención primaria de Sarreaus está atendido actualmente por unha traballadora social, que presta a atención ao público os luns de 9 a 14.30h. Dende este servizo se xestionan prestacións e se desenvolven programas básicos dirixidos a tódala población do municipio, co obxecto de promover e posibilitar o desenvolvemento do benestar social de tódolos cidadáns.

 

Programa de Orientación, Asesoramiento e Información 

E un programa levado a cabo pola traballadora social onde se informa ós cidadáns sobre os distintos recursos e dereitos existentes en materia de servizos sociais. Ás áreas de actuación son as seguintes:

  • Vellez
  • Minusvalías
  • Familia e Infancia
  • Muller
  • Drogodependencias e alcoholismo
  • Marxinación social
  • Migracións
  • Comunidade

 

Programa de Teleasistencia Domiciliaria

Este servizo nace como resposta a situacións de emerxencia que poidan xurdir no domicilio as persoas maiores ou con discapacidades. Con este programa o usuario está atendido as 24 horas mentras permaneza no domicilio, a través dun terminal. Ante unha caída, desvanecemento ou outro problema surdido con perigo para a saúde o usuario pode apretar un botón sabendo que alguen está pendente do seu aviso e porá en marcha os recursos precisos para a súa atención. Este servizo é prestado a través da Deputación de Ourense.

Servizo gratuito prestado polo concello de Sarreaus.

 

Servizo de Teleasistencia Móbil para Vitimas de Violencia de Xénero

O concello de Sarreaus, con data de 15 de marzo de 2005, solicitóuse a adhesión ó Servizo de teleasistencia móbil para vítimas de violencia de xénero, convenio entre IMSERSO/FEMP e que se desenvolve a través da Cruz Vermella.
Ofrece ás vitimas unha atención inmediata a través de tecnoloxía axeitada, telefonía móbil e telelocalización, e tan só apretando un botón, na modalidade maus libres.
Con este servizo preténdese garantir unha atención inmediata e axeitada ante unha situación de emerxencia, proporcionar tranquilidade ás usuarias e familiares que dependen directamente, ofrecéndolles apoiok información e asesoramento a través de profesionais, durante 24 horas ó día.

 

Banco de Alimentos

A través do Banco de Alimentos de Ourense, ca supervisión de Unidade de Agricultura da Subdelegación do Goberno, e coa colaboración do concello de Sarreaus tódolos anos se procede a distribución de alimentos, excedentes da Unión Europea, entre as familias máis necesitadas do municipio. Durante este ano a distribución está sendo realizada en catro fases.

 

Programa de Educación Familiar

Pretendemos colaborar cas familias do concello en situación de necesidades ou con dificultades, co obxecto de facilitarlle a adquisición de habilidades de atención, coidado e educación necesarias, para o axeitado desenvolvemento e adquirir capacidades de autoorganización do núcleo familiar.

 

Programa de Inserción Social

Con este programa se pretende actuar ante situacións carenciais da población camiñando hacia a integración social dos sectores de población máis desfavorecidos e a mellora da calidade de vida. Concédense axudas a nivel individual ou colectivo, de carácter extraordinario e de pago único, destinadas a paliar situacións urxentes e transitorias.

 

Vacacións en Paz

Programa que achega a nenos saharauis as nosas familias nos meses de xullo e agosto.Este programa desenvolvese en colaboración ca Asociación Galega de solidariedad co pobo saharaui. No último verán estiveron no noso municipio dous nenos saharauis.

 

Programa do Servizo de Axuda no Fogar

Dirixido a aqueles veciños/as que presenten disfuncións ou discapacidades que lles limiten a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación social, e que teñan dificultades para procurar o seu benestar, proporcionándolles a posibilidade de continuar no seu entorno mentres esto sexa posible ou convinte. Non exime a familia das súas responsabilidades.

 

Programa os Nosos Maiores

A súa finalidade é proporcionar estrategias para lograr un mayor benestar físico e psíquico acadando así unha mayor calidade de vida.

Se está programando un taller de Memoria, para mantelas funcións congnitivas proporcionándolle a posibilidade dunha exercitación práctica a través de exercicios.

 

Dirección

Praza do Toural Nº1

Sarreaus (Ourense), 32631

 

Política de privacidade

Contacto

Teléfono 988 45 40 02

Email administracion@concellosarreaus.com

Fax 988 45 43 72

Horario

Horas: 9 a 15 horas

Días: de lúns a venres